Blogia

Baleira

TEORIA DE BALEIRA

Teoría de por qué "B(V)aleira" debería escreberse con “V”

 

Tese do concluinte nascemento do río Eo

 

 

 

Se de algo vale, expoño:

 

 O concello da Valeira está formado por outas serras e profundos vales.  Tendo numarosos pobos ca súa toponimia fai referencia ós devanditos vales, coma: Valdería; Valdebaixo; Valín; Valdeirexe; e Aldegunde  posibelmente na súa orixe gramatical Valdegunde; o proprio Cádavo capitalidade do concello, é un elevado outeiro que, fai de nexo de unión entre vales, por un extremo deixa correr augas que recolle o río Eo, e polo outro verte augas formando regachos e pequenos arroios que van dar o río Neira; e anque pareza encoscar o cosco, O Cádavo, topónimo actual, podería derivarse da verba Cadavallis ou Cadaval.

Mesmamente, cando remata o concello da Valeira atopamos nos seus senllos cabos máis vales coma:  Valonga, no concello de Pol. Limitando polo outro temos o Val do Neira do Rei, no concello da Baralla;  verba esta xurdida ó mellor de Valaia, ou Valalla. E podería darse a mesma desviación lingüística co lindeiro concello da Becerreá, orixinándose de Valderreá, ou Valderríos.

    Polo analizado ata d-agora, a miña homildosa teoría vai encamiñada a que Valeira na súa orixe etimolóxica, axiomaticamente viría de vallis, podendo chamarse Vallería, ou Valleira, e derradeiramente Valeira, conclusións que fanme reivindicar a súa oficialidade idiomática.  Probabelmente daríase un caso semellante con Varalla, e con Vecerreá, pro faría falla facer un estudo en profundidade destes dúas capitalidades pra poder contar con mais datos:

 

 

VALEIRA, BERCE DA NOSA XENTE

 

 

Ponse o  sol na altiva cume da Vacariza,

entrana do lexendario río subterráneo

de son latente nas noites panxodas,

que só oen os piñeirais, onde crían os esquíos

cando xogan coas pantasmas do castelo caío.

Risca o día na alpestre serra do Pozo,

coroada polas ergueitas rochas de Penas,

aniñando a Raíz, frondecente albogo

de curativas augas ferruxinosas.

E facendo camiño pra  Fonsagrada,

leda está a chanicie  da Fontaneira,

berce do Neira, de  augas cantareiras

emulando o son da zanfoña do Florencio.

Dende a Muiña, o Castro,  Córneas, e Perrelos

velan dos vales os espritos dos celtas,

na Matanza aínda linxen no ar as espadas,

e rinchan os corceis dos cristiáns e os mouros,

namentras caladiñas están as medorras,

gardando o segredo da grade de ouro.

Románicas pedras érguense na Esperela,

tanxen as súas campás, bican o ar os domingos,

espertando o sangue nos recunchos da terra

da batalla dos árabes coas tropas do rei Alfonso.

Vai por Fonteo o noso mellor pregoeiro,

con augas cristaiñas e murmurio de deuses,

baixa por Sampaio e canta co grao no muíño,

folgándose no enxebre edén de Cabreira,

namorado de Martín, bica as faias da Marronda,

pra despedirse o Eo da súa nai tristeira.

No regazo de Breogán o Cádavo dormita,

asusurrado co ar dás antergas carballeiras,

cuberto co nobre manto das súas pradeiras,

prateado cos Regos e o río dos Mosqueiros.

Soutos de emblemáticos ourizos dourados,

onde xuntos conviven nos pardos outonos,

as doces castañas e os cogumelos,

silveiras, xesteiras e coudullos,

quente fogar de paporrubios e merlos.

¡Valeira,  qué fermosa eres Valeira,

tí es o barreliño da nosa xente,

eres natureza, vales e historia,

serras reserva da biosfera eres,

Baleira, cómo non te escribes Valeira.!

 

 

     Por outra banda, segundo o meu estudo aprecio conclusións de que o río Eo nasce no lar da Fozadoiros, topónimo con posíbel orixe da verba Foxadosríos, ou Fossadauru. Fozadoiros está asentado entre as saias da serra do Pozo, a serra de Penas e a serra da Matanza; recolle augas da abondante fonte da serra do Pozo, o rego da Matanza e o rego do Zarro de Sanguñedo, (pechado tod-ô perímetro diste devandito Zarro, por unha grosa parede de pedra e coios.) Tod-êstas augas confruen na parte máis fonda de Fozadoiros, formando xa un pequeno río que, segundo a devandita tese sería o Eo, por ser esta, a gorxa  máis outa da orografía desa marxe da serra e, tamén a de caudal mais abondoso; tal nacemento a un escaso quilómatro fixo moer o vello muíño do Fiero, e rega os praus do pobo da Gulpilleira. Neste lar da Gulpilleira, é onde únese ó mesmo, o arroio dos Mosqueiros, nado na Pradeda que, vai recollendo as augas dos regatos da marxe poñente da serra da Vaqueriza:  as da propia Pradeda que, coa axuda dun pozo auxiliar fixeron moer ó muíño privado da casa  de Zaramelo;  os caudais dos regos de Perrelos llo Touzón, moveron o rodicio do muíño de Vilaselle. E as augas da  marxe nacente da serra da Matanza que verten ó  Mosqueiros son: os regos do Cádavo, a fonte do Candín, a fonte do Ferreirín, o rego das Lagas, lla fonte de Sanguñedo.

Todas estas augas do Cádavo cara ó  Val do Eo, recóllleas o noso homónimo  río Eo, pra entregarllas derradeiramente ó Cantábrico.

Todo-los cauces do Cádavo cara ó Val de baixo, antre eles: o rego da Casilla, o rego da Esperela, van ó río de Vilar, formado iste con augas dos regos de Puñago, Valdería, Regodepreira que, todas xuntas fixeron moer ata fai poucos anos o muíño do Cousín, mais abaixo xúntanse co río Quintá, entrando xa no concello da Varalla pra deitalas noutro río de berce valeireño, o Neira, e logo xa entregalas ó Miño en terras do concello da Láncara.

    A Fonte de Fonteo podería chamarse esí por verter as súas augas ó río Eo, xa qu-esta nasce no fondo do val, a carón mesmo dunha casa e, a escasos metros do groso caudal do río, que baixa nado do postulado Fozadoiros a uns cinco quilómatros máis arriba; a devandita fonte sempre abasteceu as necesidades do pobo de Fonteo, digamos coma manancial de consumo humano, abrevadeiro, e lavadoiros.

O escritor romano Plinio recolle algunhas orixes etimolóxicas na súa obra, e asegún explica, cando fala dos Egobarri, refírese os habitantes da beira da ría; segundo expoñen algunhos  estudosos de Ego podería vir o nome do río Eo,  o mesmo quê Vegadeo e Ribadeo,

Sucede tamén un fenómeno semellante na Pastoriza na denominada Fontemiña, nascemento a xeito de lagoa que, dá o seu xorro ó caudal principal o río Miño que, vên nado xa dende a serra da Meira, no lar chamado o Pedregal de Irimia, pertencente ó devandito concello  meirés.

Con isto conclúo dicindo que, as veces as fontes levan o nome dos ríos nos que deixan as súas augas, dando orixe  êstas polémicas confusións; a do manancial meirego xa está clarexada e corrixida nos libros texto; agardando tamén, co nascemento “V”aleireño vaia polo mesmo camiño:

 

RÍO EO

 

Querido Eo, Querido Eo,

nados na mesma terra

un e mais o outro,

ti en Fozadoiros

no Candín eu.

 Tamén eu quixera

contigo viaxar,

o lombo das túas augas

cubertas de froriñas,

vogar e vogar

co pirlar dos paxaros

por veigas e prados

vilas e pobos;

lle brincar cos xuncos

llas troitas, llos martiños,

falar coas raiolas do sol

lla sombra dos ameneiros.

Querido Eo, querido Eo,

eu tamén quixera

viaxar contigo

quixera bicar a Fonteo,

abrazar forte a Santalla,

namorar a Pontenova,

e saudar a Ribadeo.

 

 

Ámbolos dous poemas forman parte do libro “Ó son da terra” recentemente publicado pola editora Instituto Magno, e distribuído polo Consorcio editorial galego.

Nota: O galego empregado ná poñencia tenta semellarse a fala local, facendo uso de criterios ortográficos que non son normativos.

Bienvenido

Ya tienes blog.

Para empezar a publicar artículos y administrar tu nueva bitácora:

  1. busca el enlace Administrar en esta misma página.
  2. Deberás introducir tu clave para poder acceder.


Una vez dentro podrás:

  • editar los artículos y comentarios (menú Artículos);
  • publicar un nuevo texto (Escribir nuevo);
  • modificar la apariencia y configurar tu bitácora (Opciones);
  • volver a esta página y ver el blog tal y como lo verían tus visitantes (Salir al blog).


Puedes eliminar este artículo (en Artículos > eliminar). ¡Que lo disfrutes!